+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Archive for 2007/03


Pode ser. Non si?

Moitas gracias a todos (pido desculpas porque son da vella escola: todos son todos, eles e elas). Vexo que hai moitos amigos de Dylan, o que non deixa de sorprenderme, inda que sei ben quen é o animal.  Como vos pido que sigades empurrando, eu vou a poñer a miña parte, e seguirei lembrando o asunto […]

A exposición Bob Dylan’s American Journey 1956-1966 no MARCO de Vigo!

Ou na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Monforte, Oza dos Ríos, Ponferrada… Molaría, eh? Non sei se o lembrades, pero Chiquito de la Highway 61 naceu como resultado da conxunción astral de Colodroni, Brétemas e Vindel, que se aliñaron, precisamente, con ocasión desa mesma exposición na Morgan Library & Museum de NI. Quero que saibades que […]

Enciclopedia

De cando en vez non está nada mal lembrar o que se dicía de BD noutros tempos. Decatámonos de que o noso amigo, hoxe intemporal, foi daquela moi, pero que moi temporal, de que a xente asombrábase do que facía e de que até cada movemento do seu pelo era seguido, polo menos, con curiosidade. […]

Canción do currante #3

Todos sabedes, ou deberiades de saber a estas alturas de blo, que BD se criou no Iron Range, nun pobo construído ao pé dunha das minas a ceo aberto máis grandes do mundo. Desas minas saíu gran parte do ferro que se utilizou para a construción da meirande máquina de guerra que coñecera a historia […]

Springtime

Ben, amigos. Dentro dunhas horas, entre a unha e as dúas da mañá, o Sol pasará pola vertical do ecuador camiño do norte. Direino doutro xeito máis poético: chegará a primavera. O gran Dylan vainos contar nestes píxeles qué é para el a primavera. Como observaredes, non é que tire moito no seu poemario desta estación tan lírica (comparade […]

Gotta Serve Somebody

Non lembro ben se era eu ou non, mais coido que aló polo 1997 fun invitado pola Carlton Staples’ Fundation for Sustainable Energies para participar nun congreso en Vicksburg, Mississippi (eles inda o escriben así). Recén presentara a miña tese sobre o estrés por poda no arce xaponés, así que seguro que ninguén botará de […]

Outros bobdýlanes

Imos iniciar unha nova serie nesta blo. Titularase así, Outros bobdýlanes, e recolleremos aí información sobre eses tipos que son ou foron calificados ou clasificados coma “o novo Dylan”, “o Dylan africano”, “o Dylan feminino” , “o Dylan da enxeñería técnica”, e eu que sei que máis…, enténdaseme. Xente que en xeral tende a levantar […]

Dicionario (VII)

De tolos está o mundo cheo. Hai pola rede un dicionario de slang que vai facendo a xentiña (unha especie de wikipedia pero sen culturetas polo medio, totalmente bravú). Chámase Urban Dictionary e, mira ti por onde, falan de Dylan, se cadra dun xeito algo diferente, pero diso trata esta nosa blo, non si? Como xa […]

Vento

Acaba un día no que o wind blew un montón. Non sei se voltarán este ano ventos afuracanados coma os de hoxe. Dylan sabe que o vento sempre volve, e aquí van un cento de exemplos de versos nos que o noso amigo tira del para explicar o tempo que vai na súa cabeza. Queda pendente un pos […]

Mirando o ceo: cousiñas veredes…

Mapa dos Ceos, Planetas, Carta astrolóxica, Horóscopo Bob DYLAN, nacido o 24 de maio de 1941 ás 9:05 PM en Duluth (MN) (EEUU) Sol en 3°31 Xéminis, AS en 20°20 Saxitario, Lúa en 21°31 Tauro, MC en 17°51 Libra