+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

A exposición Bob Dylan’s American Journey 1956-1966 no MARCO de Vigo!

Ou na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Monforte, Oza dos Ríos, Ponferrada… Molaría, eh?

Non sei se o lembrades, pero Chiquito de la Highway 61 naceu como resultado da conxunción astral de Colodroni, Brétemas e Vindel, que se aliñaron, precisamente, con ocasión desa mesma exposición na Morgan Library & Museum de NI. Quero que saibades que esa mostra itinerante está en marcha. Se premedes aquí veredes que inda ten datas libres (concretamente entre maio deste ano e xaneiro do vindeiro).

Coñezo a algúns dos que visitades esta blo, pero non a todos, polo que esta é unha mensaxe nunha botella lanzada ao mar dos dylanitas: non haberá alguén que sexa quen de traer a Galicia esta exposición? Alguén que coñeza a alguén que o poda facer? Alguén que coñeza a alguén que coñeza…?  Por Dylan! Qué son uns 70000 euros de merda (máis gastos)  se podemos disfrutar da visión da primeira guitarra de BD, da Martin de Guthrie (si: This machine kills fascists), do manuscrito de Blowing in the Wind, do seu primeiro concerto… Fundacións e institucións varias: vaia publicidade para o que a monte! Comisarios: seguro que saídes en todos os dominicais! Alcaldes galegos: unha foto con Dylan! Xa vexo o titular no Berliner Zeitung, por exemplo: “[nome da cidade] capitalen europeischen dylanismachen”. E alí a foto. Eu calcúlolle polo baixo 300000 visitantes (eu penso ir varias veces): a euro por cabeza máis o merchandaisin… un choio! Pensádeo ben!

 Por favor, amigos do blogomillo, esta é a oportunidade de converternos no blogomillor. Lede o enlace e espallade a idea por aí, por terra, mar e ar, por analóxico e dixital, polo civil e polo criminal, por Galicia e por Tugal. Veña, non será tan difícil. A empurrar todos. Tí tamén, a do fondo.  Si, tí, tí, non me mires así.

Leave a Reply »»

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image