+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Springtime

Ben, amigos. Dentro dunhas horas, entre a unha e as dúas da mañá, o Sol pasará pola vertical do ecuador camiño do norte. Direino doutro xeito máis poético: chegará a primavera. O gran Dylan vainos contar nestes píxeles qué é para el a primavera. Como observaredes, non é que tire moito no seu poemario desta estación tan lírica (comparade co que lle gusta falar do vento) e case a mitade das referencias están en Blood on the Tracks. A razón? Terei que esforzarme por buscala, pero será outro día.

Aquí van os textos traducidos. Poño o primeiro tamén en inglés, xa que me parece tan absolutamente bo e representativo do primitivo estilo dylaniano que non quero que o perdades. Ademais non é dos máis coñecidos. Aproveito aquí para pedir perdón (nótese a influencia de Dylan nas aliteracións e no acento rítmico da frase) polas terribles traducións. Non sei se o feito de pasar ao galego a Dylan pode xustificar tanta atrocidade. Sei que existe unha (moi boa) facultade de tradución en Galicia e seguro que traducir a BD sería un traballo máis ca interesante (e publicable e publicitable). Non sei. É unha idea. Aí van os textos: que os disfrutedes. Deixádeme que llos adique a Besbe e Ana Bande, para darlles a benvida (otra vez as aliteracións) a esta casa como novas comentaristas.

(Well a long winter’s wait,
From the window I watched.
My friends they couldn’t have been kinder.
And my schooling was cut
As I quit in the spring
To marry John Thomas, a miner.)

Unha longa espera invernal,
Ollaba desde a ventana.
Meus amigos non poderían ter sido máis sinceros.
Deixei de ir á escola
Pola primavera
Para casar con John Thomas, un mineiro.

North Country Blues (1964)

Se non fora por tí,
A primavera non seguiría ao inverno,
Non oiría do paporroibo o canto eterno,
Non tería pista que seguir,
Nin verdade que sentir,
Se non fora por ti.

If not for you (1970)

Ben, todo rematou en Florida a comezos da primavera,
Os camións e trailers virán polas curvas.
Imos coma balas disparados cara a cabalgata do entroido.
Seguimos a chamada dos vellos e poeirentos campos da feira.

Dusty Old Fairground (1973)

Se a ves, dille ola, debe estar en Tánxer, segundo oín.
Foise a primavera pasada, e parece ser que vive alí.

If you see her, say hello (1975)

A xente dime que é pecado
Iso de saber e de sentir tanto.
Era a miña xemelga, o máis amado, mais perdín o anel dourado.
Mentres eu agardei tanto, ela en primavera xa tiña aparecido.
E qué lle vou facer, son as cousas do destino.

 Simple twist of fate (1975)

O predicador vestía de negro no séptimo día e sentouse impasible mentres o edificio ardía.
Agardei por ti nas carreiras, preto dos alciprestes, mentres a primavera se convertía
De vagar en outono.

Idiot Wind (1975)

Non hai ninguén á vista a parte dos dous tipos do andén
Esperando a que chegue a primavera, fumando na plataforma.
O mundo podería afundirse esta noite, pero non importa ren.
Ela debería seguir durmindo cando cruce a porta.

I and I (1983)

Liñas rotas, cordas rotas,
Fíos rotos, primaveras rotas,
Ídolos rotos, cabezas rotas,
Xente durmindo en camas rotas.
De nada serven os vaciles,
De nada serven os chistes
Se todo está roto.

Everything is broken (1989)

Leave a Reply »»

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image