+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Dicionario (VII)

De tolos está o mundo cheo. Hai pola rede un dicionario de slang que vai facendo a xentiña (unha especie de wikipedia pero sen culturetas polo medio, totalmente bravú). Chámase Urban Dictionary e, mira ti por onde, falan de Dylan, se cadra dun xeito algo diferente, pero diso trata esta nosa blo, non si? Como xa hai tempo que non actualizo o noso dicionario dylaniano, pois vou aproveitar o traballo destes amigos e pór algunha das entradas que coido axeitadas á nosa fin (¿?). Vou.

 Na voz dylan lemos:

  1. Romper o pene ao pisar, golpear ou chocar con algo ou alguén ( Ha, ha, dylaneouse el mesmo cando a súa nai entrou de súpeto no cuarto)
  2. Verbo que sinala o feito de estarse a convertir nalgo realmente guai (Dylaneou a festa, está oficialmente dylaneado)
  3. Nome: unha ducha ridículamente longa, de máis de 30’ (levo unha semana no campamento, vou tomar unha dylan) ; verbo: ducharse durante moito rato (voume dylanear, así que mellor quedamos á noitiña) ; adx.: longo, mais só relativo ás duchas (estiven dez horas na ducha. Foi algo absolutamente dylan).
  4. Coelliño moi guai que saía na serie The Magic Roundabout [nota deste que escribe: semella que é algo así como a Familia Telerín ou os Lunnis, pero en plan algo máis forte], que tocaba a guitarra e ía pedo total.

Logo ven:

  1. dylan freak: obsesivo e erudito fan de Dylan (Ese dylan freak sabe non só cando foi a última vez que Most of the Time foi tocada en directo, senón tamén quén tocaba con dylan naquel momento, e iso sen necesidade de miralo)
  2. dylanator: o intercurso con muller ou home pola orella (Se meterlla a unha rapaza polo nariz pódese considerar nasal, como se chamaría facerllo pola orella?)
  3. dylanado: estado de embriaguez no que nin o precio, nin as mulleres nin a distancia a casa importan. Punto da borracheira no que un é capaz de soportar feridas mortais que se descubren á mañá seguinte sen que o ferido sexa quen de lembrar como carallo fixo [nota de quen esto escribe: sen ser mortal, sei dun que rompeu tibia e peroné e non se decatou até que se ergeu da cama ao día seguinte].Ese punto no que o nivel de alcohol no sangue pasa a ser o nivel de sangue no alcohol. Cando xa non se pode medir o alcohol inxerido e non importa o que costa un anaco de pizza (Que dylanado estaba onte!)
  4. dylanesco: que ten as cualidades de BD (Iso, tío… Iso foi dylanesco).

Leave a Reply »»

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image