+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Like a Rolling Stone(s)

Non é o meu costume, mais os costumes están para rompelos, non? Vou poñer aquí un enlace a You to Be. Hai unha morea de novos vídeos de BD, entre eles a primeira actuación do noso amigo na tele, algunha toma falsa, sabrosas entrevistas e unha impagable colaboración cos Rolling Stones nunha redundante Like a Rolling Stone. 1998. Bridges to Babilon Tour. Eu vinnos daquela en Vigo tocar esa canción (sen Dylan, desgrazadamente). A miña filla grande era unha mórula dentro da miña dona. Agora lembro. Facer esa canción xustifica unha vida. Será o noso amigo consciente? Que felices semellan no escenario. Presta tanto como parece, Rubén? 

Leave a Reply »»