+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Archive for 2007/02


Neighborhood Bully (anexo)

Ira Chernus recollía o19 de xullo do ano pasado no diario Ha’aretz (o New York Times israelí), no eido do enésimo enfrontamento entre Israel e os seus veciños, as opinións que acreditados columnistas israelís fixeran a semana anterior nese mesmo xornal. Eu fago aquí á súa vez unha escolma daqueles que poden facer entender mellor tanto […]

Neighborhood Bully

No verán do 1981 Israel destruíu coas suas bombas unha factoría en Iraq, alí onde os seus servizos de intelixencia aseguraron que se estaban a fabricar bombas atómicas. A reacción do mundo foi de condena sen paliativos a unha acción que semellaba máis destinada a reafirmar o seu poderío e a ameazar aos veciños que a atallar un problema real. […]

De profeta a profeta

Como soplan os ventos do Sur, Así ven do deserto, dunha terra terrible. Tiven unha visión desacougante; O deshonesto tratante trata deshonestamente, E o ladrón rouba. Érguete, Elam! Asedia, Media! Ordenei que cesaran os seus suspiros. Así o meu lombo está cheo de dor; Atrapáronme fortes dores, como as da muller parturienta. Estaba desacougado cando […]

Shabtai Zisel ben Avraham

Shabtai Zisel ben Abraham naceu o sábado día 27 do mes Iyyar do ano 5701 da Era Xudía, no seo da próspera comunidade israelita de Duluth, MN. O primeiro xudeu chegara alí 70 anos antes, xusto despois dos pioneiros e cando a zona era fronteira co territorio indio. Saíra da Rusia zarista empurrado por algún pogrom, […]

Texto dylaniano (puramente)

Velaquí un intento de tradución das liner notes de Planet Waves (1974). Respecto letras maiúsculas e minúsculas, así como a puntuación. Que sexa o que Dylan quera… De volta ao punto de partida! O comezo, Letras Hebreas na parede, a parisina casa de Victor Hugo, NYC ao comezar o outono, as follas voando polo parque, […]

Dylan portada a portada: onde estabas tí no ’74?

Planet Waves (xaneiro de 1974) Catro anos despois Dylan insiste no autorretrato: tres á vez, para ser exactos. A capacidade pictórica non mellorou moito, non, pero cambiou a técnica: as ledas cores oleosas do Selfportrait son substituídas polo branco e negro da tinta. O debuxo é igual de, digamos, expresivo. Observamos que pinta un tipo […]