+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Neighborhood Bully

No verán do 1981 Israel destruíu coas suas bombas unha factoría en Iraq, alí onde os seus servizos de intelixencia aseguraron que se estaban a fabricar bombas atómicas. A reacción do mundo foi de condena sen paliativos a unha acción que semellaba máis destinada a reafirmar o seu poderío e a ameazar aos veciños que a atallar un problema real. BD respostou ao mundo con esta canción que foi publicada dous anos despois.

Ben. O matón de barrio, non é máis ca un home
Os seus inimigos din que rouba o que come
Son moitos máis, un millón contra el
Non ten onde escapar, onde correr.
É o matón do barrio.

O matón do barrio vive para sobrevivir
Critícano e condénano tan só por resistir
Suponse que non devolverá o golpe, que ten dura a pel
Que se tirará ao chan e que deixará que batan nel.
El é o matón do barrio.

Ao matón bótano de onde quera que estea
É un exiliado, un paria, vaga pola terra
Coa familia espallada, o seu pobo dividido
Sempre xulgado só por ter nacido.
É o matón do barrio.

Criticárono por enfrontarse a quen o quixo linchar
As vellas o insultan, din que se tería que desculpar
Destrueu unha fábrica de bombas, ninguén se aledou
“Debería sentirse mal por iso”, alguén abundou.
É un matón de barrio.

Todo está na súa contra, as sobras non lle chegan
Vivirá como lle ordenen, outros farán as regras
Porque ten unha corda ao colo e unha pistola apuntándoo
E é moi fácil conseguir unha licencia para matalo.
É o matón do barrio.

Non ten amigos dos que botar man
Ten que pagar se quere algo, ninguén llo vai regalar
Compra armas anticuadas, non llo negarán, iso non
Pero ninguén ofrece carne e sangue para loitar ao seu carón.
E o matón do barrio.

Está rodeado de pacifistas, que queren paz
Non queren ver sangue, ocupan a noite en rezar
Chorarían sen parar se mataran a un mosquito
Pero agáchanse e agardan ao matón para ficar durmidos
É un matón de barrio.

Aqueles que o esclavizaron, todos desapareceron
Babilonia, Exipto, Roma, todos os imperios
Convertiu o deserto nun auténtico verxel
Sen ninguén que o axudara, baixo as ordes de ninguén.
É o matón do barrio.

Agora que xa pisotearon os seus máis santos libros
Nada do que asinou vale máis ca tinta co que foi escrito
Convertiu en riqueza as faragullas do mundo
A dor e a enfermidade desapareceron nun segundo.
É o matón do barrio.

Qué é o que lle debe ninguén?
Nada, din
Provocar guerras é o único que fai ben
Orgullo e prexuizo, superstición, quizá
Agardan por este matón como pola comida agarda o can.
È o matón do barrio.

Qué fixo para que lle encheran o corpo de sinais?
Cambiou o curso dos ríos?
Encheu de merda a Lúa, as estrelas e demais?
Matón de barrio, parado no alto ollando sen medo
Aguantando até o final mentres vai chegando o tempo.
Matón de barrio.

 Bob Dylan. Neighborhood Bully, 1983

Leave a Reply »»