De profeta a profeta
Como soplan os ventos do Sur,
Así ven do deserto, dunha terra terrible.
Tiven unha visión desacougante;
O deshonesto tratante trata deshonestamente,
E o ladrón rouba.
Érguete, Elam! Asedia, Media!
Ordenei que cesaran os seus suspiros.
Así o meu lombo está cheo de dor;
Atrapáronme fortes dores, como as da muller parturienta.
Estaba desacougado cando o escoitei;
Dinme por vencido cando o vin.
O meu corazón dubidou, o medo de asustou;
A noite que agardaba volveuse terror para min.
Preparade a mesa,
Poñede un vixía na torre,
Comede e bebede.
Erguédevos, príncipes,
Preparade o escudo!
Porque así mo dixo o Señor:
“Vai, pon un vixía,
Que diga o que ve”.
E viu un carro cun par de homes a cabalo,
Un carro de asnos, e un carro de camelos,
E puxo a máxima atención a calquera son.
Entón berrou, “un león, meu señor!
Paso o día enteiro na torre dos vixías;
Estou sentado no meu posto cada noite.
E mira, aí ven un carro de homes con dous homes a cabalo.”
Entón el respostou e dixo,
“Caeu Babilonia, caeu!
E as destrozadas imaxes dos seus deuses
Están tiradas polo chan.”
(Isaías, 21, 1-9, s. VIII a. C.)
“Ten que haber un sitio por onde saír” díxolle o bufón ao ladrón
Estou desacougado, hai demasiada confusión.
Os tratantes beben o meu viño, os labregos labran no meu,
Ninguén deles sabe o que valen as cousas de seu.
“Desacouga”, falou o ladrón, “para tanto non será”
Hai moita xente aquí para os que a vida non é máis ca xogar.
Pero nós xa pasamos por iso, o noso destino non é.
Sexamos sinceros, faise tarde, a noite está a caer.
Percorrendo a torre dos vixías os príncipes non deixan de mirar
Mentres as mulleres e os servintes descalzos non deixan de saír e entrar.
Fóra, na distancia, escoitaron un gato salvaxe berrar
Chegaban dous homes a cabalo, o vento comezou soprar.
(Bob Dylan, All Along the Watchtower, 1967)