Texto dylaniano (puramente)
Velaquí un intento de tradución das liner notes de Planet Waves (1974). Respecto letras maiúsculas e minúsculas, así como a puntuación. Que sexa o que Dylan quera…
De volta ao punto de partida! O comezo, Letras Hebreas na parede, a parisina casa de Victor Hugo, NYC ao comezar o outono, as follas voando polo parque, o reloxo dá as Oito. Bong – Baixeime un brandy dobre & tentei lembrar o que pasou… cervexerías & máquinas de bolas, orquestras de polka, arame de espiños & paiasos destrutores, obxectos, ventos de proa & tormentas de neve, excursións familiares con xente estraña – rapazas furiosas con ligas & beizos mal pintados sentadas en taburetes que cheiraban a cona suada – bailando o Hula – perfecto, curas con roupa de traballo, ollos vidrosos, Insomnio! Astronautas fóra de servizo con carallos enormes & o pelo peiteado para atrás Cabreados & votando a Eisenhower, axitando bandeiras & avanzada dos camións de bombeiros, aos que mataban en motos sen remedio – Recoñecímonos un ao outro trala careta, montamos a tenda na Rúa & seguimos ao circo viaxeiro, Amor a primeira vista! A historia convertiuse en mentira! O show terminou – qué visión… as portas da Bomba Moderna, Templos dos Pawhee, o Cowboy Saint, os Arapahoes, fotos de – poetas apaches querendo albiscar a Buda entre as ruínas – Larguei a lugares descoñecidos. atopei a Esqueira de Xacobe arrimada a un muro de adobe & comprei Unha serpe a un Anxo que pasaba – Si os vellos días pasaron para sempre E os novos séguenos de preto, a Risa esmorece, ecos dunha estrela, dos Vampiros da Enerxía no Mundo Pasado que se volve Salvaxe! Bebendo o sangue da xente inocente, Inocentes Cordeiros! Os Desherdados da Terra, Meus irmáns do diluvio, Cidades da carne – Milwaukee, Ann Arbor, Chicago, Bismarck, South Dakota, Duluth! Duluth – onde Viviu Baudelaire & Goya vendeu os seus restos, onde Joshua derrubou a casa! Desde alí, era senxelo* – un Pequeno toque de México, e unha pizca de boa SORTE, unha pouca forza para impoñerse á Morte, un chisco máis de brandy & os dentes dun León & e un compás
*Tento reproducir torpemente o que semella un xenial xogo de palabras: sen xeo / sinxelo. It was straight up no orixinal, que podería ser traducido como “era sinxelo”, “non era complicado”, mais semella que straight up aplícase ás bebidas sen xeo, é dicir, o contrario de on the rocks, especialmente aos cocktails. Como o que ven despois no texto semella unha receita para un deles, pois escollín traducilo así.
Supoño que no texto haberá ou poderá haber máis xogos destes que eu non vin. Se alguén os ve, que nolo diga, por favor.