+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Dylan portada a portada: onde estabas tí no ‘74?

Planet Waves (xaneiro de 1974) Catro anos despois Dylan insiste no autorretrato: tres á vez, para ser exactos. A capacidade pictórica non mellorou moito, non, pero cambiou a técnica: as ledas cores oleosas do Selfportrait son substituídas polo branco e negro da tinta. O debuxo é igual de, digamos, expresivo. Observamos que pinta un tipo con tres cabezas (pasado, presente e futuro?), tres símbolos (corazón, áncora e paz), tres textos (Moonglow, Planet Waves, Cast-Iron Chords and Torch Ballads). Tres asociacións: pasado-corazón-Moonglow á nosa esquerda; presente-áncora-Planet Waves ao centro; futuro-paz-Cast-Iron… á nosa dereita. Se alguén ten unha explicación, así sexa esotérica, por Dylan que será ben recibida.

Before the Flood (xuño de 1974) Amigos, irmáns en Dylan: nesta saio eu. Atentos. Se dividides a foto en catro partes iguais, e despois o cadrante superior esquerdo resultante desa primeira división outra vez en catro partes, atoparedes no cadrante inferior dereito resultante da nova división, na parte superior esquerda, un pequeno oco sen estreliña. Ben. Pois eu estou xusto á dereita (á vosa esquerda) do puntiño de luz que está arriba dese oco escuro. Precisamente, a do puntiño de luz antedito era unha noiva miña da que non vou falar agora. Eu daquela non fumaba e fun sen mechero, quén carallo sabía que ían quitar unha foto para a portada, mais penso que sabendo que son eu, recoñéceseme abondo. 

Leave a Reply »»

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image