+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Archive for 2007/01


Tempos Modernos: última hora

ATOPA COINCIDENCIAS CON “HIGHWAY 61 REVISITED” BOB DYLAN ACÚSASE A SI MESMO DE PLAXIO POR “MODERN TIMES”  O cantante norteamericano iniciou un procedemento legal contra Bob Dylan, ao que acusa de roubarlle as súas ideas e de plaxiar a música dalgunhas das súas cancións.                                                                                                                                  Axencia                                                                                                                    New York, NY  Os representantes de Bob Dylan, de […]

O Long Play da semana (VII): Blood on the Tracks

Resulta que pouco podo dicir deste disco. Polo menos nada que non se teña xa dito. Poderían contarse centos de anéctodas (lembrades a David Zimmerman?) e de historias. Todos o coñecedes e tedes as vosas propias ideas sobre el. Así que hoxe xogaremos co pasado e marcharemos cara 1975, cara o día en que saíu […]

Grande Colodroni

El pensa que non está ben feita, pero eu penso que si. Ademais, estaredes todos de acordo en que o noso irmán en Dylan Colodroni ben merece un pos, por se fora pouco o esforzo de traer Hibbing a Galicia e de levar o galego até alí. Se vos animades, aquí tedes un sitio, non […]

Dicionario (VI)

Dylanocentrismo s m filos 1. Doutrina que considera a Dylan como centro de todas as cousas e fin absoluta da natureza, á vez que concibe todas as cousas en función de experiencias e valores dylanianos. 2. Principio básico que procura unha interpretación das cousas en Dylan. v. dylanismo  Dylanófago s m Que practica a dylanofaxia.  […]

Un vello e un piano

Hai un tipo sentado ao piano. Non chegará aos 70, pero aparenta máis de 1000. Vai sacar un disco en breve e está a compoñer as cancións. Antes sacaba un LP todos os anos, en ocasións dous, pero agora xa vai canso e quita algún de cando en vez, cando lle peta. Antes el pensaba, como os […]

(Music and) lyrics by Bob Dylan

Grande Dylan, grande. Canta beleza. Como se move pola historia dese currante. Como viu a grandeza detrás da miseria do heroe da clase traballadora de Haggard. Como a conta. Grande Dylan. Supón a ese traballador con armas, armadura, establos e cabalos roubados polos príncipes, con barcos de gran panza dispostos para a singladura polo vinoso Ponto. […]

Canción do currante #2

Unha nube de fume cubre os tellados, As estrelas brillan sobre o canal. Baixou o poder adquisitivo do proletariado, Os cartos desfanse nas mans. As lembranzas que gardo son ledas en verdade Pero temos que camiñar. Din que os baixos salarios son unha necesidade, Hai que competir no mercado global. Deixei as armas fóra, non […]

Dylan en Itaca

Dylan, inda que o seu e chegar e bicar o santo, gusta de estar no escenario mentres se acaba de montar e se vai probando o son. Non é moito de graves, agudos e acoples, pero disfruta da sensación de estar entre músicos e técnicos, entre xente que sabe. Foi durante unha desas probas de […]

Canción do currante #1

É duro de collós sacar adiante os nove fillos e a muller. Levo traballando toda a puta vida e non chega para comer. Atoparédesme currando mentres as miñas mans funcionen coma sempre antes. Beberei a miña birra en calquera bareto mentres canto unha desas cancións de currantes. Traballo duro todo o día, só pido respecto. Non podo co cu o venres, pero levo a paga no […]

Dylan portada a portada: unha bandeira censurada

New Morning (outubro de 1970) Miña madriña. Pero qué fai Juan Pardo na portada dun disco de BD? Polo 1970 os Brincos orixinais inda non se separaran, mais non hai que desbotar a posibilidade de que o noso Juan Pardo (John Brown?) intentara o que hoxe chamamos “aventura americana”. Existiría entón a posibilidade de que na […]