Grande Colodroni
El pensa que non está ben feita, pero eu penso que si. Ademais, estaredes todos de acordo en que o noso irmán en Dylan Colodroni ben merece un pos, por se fora pouco o esforzo de traer Hibbing a Galicia e de levar o galego até alí. Se vos animades, aquí tedes un sitio, non vos cortedes. Inda que Colodroni sexa moito Colodroni.
Esto é o que di el:
“Póñoa eiquí porque non atopo mellor lugar*. A miña (pésima) traducción ao galego da difícil cantiga Sad-eyed lady of the lowlands. Por favor, pido desculpas polos erros, pero esta é a miña contribución á normalización lingüística do galego: non podo competir con Ana María, pero a (mala) intención é o que vale.”
*Nota de De la Highway61: por suposto que non.
Coa boca túa de mercurio en tempo de misións,
e os ollos teus coma fume e os rezos teus como rimas,
e a cruz túa plateada e a voz túa como alarma,
o!, quen entre eles pensas que habíate enterrar?
Cos teus petos ao fin ben protexidos
e as visións túas dun tranvía que pousas sobre a herba
e a túa pel sedosa e o rostro teu como cristal,
quen entre eles pensas que habíate levar?
Dama de ollos tristes das baixas terras,
ás que, di o profeta de ollos tristes, non ven ninguén,
o almacén dos meus ollos, o meu árabe tambor,
podería deixalos á túa porta
ou, dama de ollos tristes, tería que esperar?
Coas follas túas de metal e o teu cinto como lazo
e o teu mazo de cartas sen o comodín nen o as,
e as túas roupas de sotego e a túa cara superficial
quen entre eles pode pensar que ti habías gañar?
Co perfil teu cando a luz do sol mingua
nos teus ollos, onde nada o lúar,
e as túas cancións en caixas de mistos e os teus himnos ciganos,
quen entre eles tentaríate impresionar?
Dama de ollos tristes das baixas terras,
ás que, di o profeta de ollos tristes, non ven ninguén,
o almacén dos meus ollos, o meu árabe tambor,
podería deixalos á túa porta
ou, dama de ollos tristes, tería que esperar?
O reis de Tiro coa súa lista de condeados
están agardando turno polo seu beso de xeranio
e ti non sabías que iso podería pasar,
pero quen entre eles realmente desexa bicarte?
Coas túas lapas de nena na túa alfombra da noite
e os teus modais españoles e as drogas da túa nai
e a boca do teu vaqueiro e os teus cabalos en toque de queda
quen entre eles pensas que podería resistirte?
Dama de ollos tristes das baixas terras,
ás que, di o profeta de ollos tristes, non ven ninguén,
o almacén dos meus ollos, o meu árabe tambor,
podería deixalos á túa porta
ou, dama de ollos tristes, tería que esperar?
O!, Labregos e homes de negocio decidiron
amosarche os anxos mortos que adoitan agochar,
pero por que reclaman que esteas da súa parte?
o!, como poden trabucarse tanto contigo?
Querían que aceptaras a culpa polo da leira
pero co mar ós teus pés e cunha falsa alarma
e co neno dun matón envolto no colo
como puideron, como, convencerte?
Dama de ollos tristes das baixas terras,
ás que, di o profeta de ollos tristes, non ven ninguén,
o almacén dos meus ollos, o meu árabe tambor,
podería deixalos á túa porta
ou, dama de ollos tristes, tería que esperar?
Coa túa lembranza en láminas do Cannery Row
e o teu marido de revista que un día tivo que marchar
e a túa elegancia agora, que xa non podes ocultar,
quen entre eles pensas que habíate empregar?
Agora estás co teu ladrón, dícheslle a palabra,
coa medalliña túa que suxeitas coa punta dos dedos
e a túa cara de santiña e a alma túa de fantasma,
o!, quen pensas entre eles que habíate destruir?