Dicionario (VI)
Dylanocentrismo s m filos 1. Doutrina que considera a Dylan como centro de todas as cousas e fin absoluta da natureza, á vez que concibe todas as cousas en función de experiencias e valores dylanianos. 2. Principio básico que procura unha interpretación das cousas en Dylan. v. dylanismo
Dylanófago s m Que practica a dylanofaxia.
Dylanofaxia s f 1. Costume de comer carne dylaniana, especialmente cando se leva a cabo por outros dylanianos. 2. lit Subcorrente subliteraria do blogomillo que foi iniciada en 2006 por Dylangz e Blogdylan na blo +dylan.
Dylanófono s m 1. tecnol. Antigo aparello que reproduce mediante unha agulla as vibracións da voz de Dylan rexistrada nun disco xiratorio. 2. mús. Instrumento musical que consiste nunha ringleira de dylanitas pequeniños que dan todos eles unha nota diferente ao ser golpeados.
Dylañento adx 1. Que sente tristeza, que ten debilidade e poucos ánimos a causa da dylancolía. 2. Que produce dylancolía.