+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Canción do currante #2

Unha nube de fume cubre os tellados,
As estrelas brillan sobre o canal.
Baixou o poder adquisitivo do proletariado,
Os cartos desfanse nas mans.

As lembranzas que gardo son ledas en verdade
Pero temos que camiñar.
Din que os baixos salarios son unha necesidade,
Hai que competir no mercado global.

Deixei as armas fóra, non volverei ser cruel.
Ven e senta xunta mín:
Quérote máis que a min mesmo, telo que crer,
E non teño máis que dicir.

Intento imaxinar o ruido do tren
Pechando os ollos de par en par.
Non quero escoitar a fame remover
As túas tripas baleiras de máis.

(EST.)

Agárdote ao fondo, este é o momento.
Levo os zapatos azuis de ante.
Escolle dar a volta ou morrer no intento.
Canta unha destas cancións de currantes.

Volvo a navegar, listo para a gran viaxe,
Sacudido polos ventos e o mar.
Arrastrareinos ao inferno, aplastareinos con carraxe,
Vendereinos no Gran Bazar.

Trato de manter a cabeza ocupada,
Durmirei a mona o resto do día.
Podería dar todo o que son, ficar sen nada,
Pero non sei quen demo o querería.

Os inimigos agardan, ameazan os perigos,
Algúns deles son xordos e mudos.
Ninguén sabe nin sospeita, nin sequera está escrito
O momento en que chegará o máis duro.

Na escuridade escoito o canto dos merlos.
Suspira unha moza mentres a fan feliz.
Alguén dixo que durmir é morrer durante un tempo.
Non me collen os pes onde me deito a durmir.

(EST.)

Queimáronme a corte, roubáronme os cabalos,
Nin un peso deixaron quedar.
Terei coidado, non quero verme escravo
Dunha vida de criminal.

Podo ver desde aquí que o Sol vaise deitar:
Gustaríame que estiveras ti tamén
E me dixeras sen medo se estou errado ao pensar
Que me esqueciche antes de chegar o amañecer.

Agora se preocupan, protestan e amolan,
Esgotan meus días. Ben sei.
Esquecereinos a todos, pouco me importan,
Mais a ti, sempre te lembrarei.

Os teus vellos recordos perviven sen mingua.
Feríchesme co teu dicir.
Esta vez, poderás coidar a túa lingua?
É certo o que escoitaches de mín.

(EST.)

En ti, miña amiga, non atopo culpa:
Sostén a mirada, por favor.
De mín tampouco ninguén poderá nunca
Dicir que quixen causarte dolor.

Nos máis tranquilos campos sagrados
Causarán a túa destrución:
Partirante en dous, os seus puñais ensanguentados.
Non sentirán compaixón.

Esgotouse a miña sorte, son un home triste.
Mellor volvamos comezar.
Estou so e só agardo polo intre
Que me saques a bailar.

Co meu traxe novo de recen casado
Aceptarei penas, pan e cebola.
Hai quen non sabe que significa traballo,
Hai quen non traballou na súa vida toda.

(EST.)

(Bob Dylan, Workingman Blues #2)

Leave a Reply »»

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image