+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Canción do currante #1

É duro de collós sacar adiante os nove fillos e a muller.

Levo traballando toda a puta vida e non chega para comer.

Atoparédesme currando

mentres as miñas mans funcionen coma sempre antes.

Beberei a miña birra en calquera bareto

mentres canto unha desas cancións de currantes.

Traballo duro todo o día, só pido respecto.

Non podo co cu o venres, pero levo a paga no peto.

Atoparédesme currando

de novo o luns á mañá cedo, deus mediante.

Cando chegue a noite botarei un grolo  

cantando unha desas cancións de currantes.

E que saibas amigo que traballas coma mín:

Nunca recurrín ao subsidio, ninguén me verá nunca alí.

Atoparédesme currando

mentres as miñas mans funcionen coma sempre antes.

Bebo unhas birras en calquera bareto

e canto algunha desas cancións de currantes.

Ás veces penso en deixalo todo, tirarme á rúa,

Botar as facturas pola ventá, pillar un tren, cantarlle á lúa.

Pero sempre volo ao tallo

Quero comparlles aos fillos uns zapatos novos, brilantes,

e qué carallo, tomar unhas birras nun bareto

mentras berro algunha canción de currantes.

(Merle Haggard, Workingman Blues)

Leave a Reply »»