Canción do currante #1
É duro de collós sacar adiante os nove fillos e a muller.
Levo traballando toda a puta vida e non chega para comer.
Atoparédesme currando
mentres as miñas mans funcionen coma sempre antes.
Beberei a miña birra en calquera bareto
mentres canto unha desas cancións de currantes.
Traballo duro todo o día, só pido respecto.
Non podo co cu o venres, pero levo a paga no peto.
Atoparédesme currando
de novo o luns á mañá cedo, deus mediante.
Cando chegue a noite botarei un grolo
cantando unha desas cancións de currantes.
E que saibas amigo que traballas coma mín:
Nunca recurrín ao subsidio, ninguén me verá nunca alí.
Atoparédesme currando
mentres as miñas mans funcionen coma sempre antes.
Bebo unhas birras en calquera bareto
e canto algunha desas cancións de currantes.
Ás veces penso en deixalo todo, tirarme á rúa,
Botar as facturas pola ventá, pillar un tren, cantarlle á lúa.
Pero sempre volo ao tallo
Quero comparlles aos fillos uns zapatos novos, brilantes,
e qué carallo, tomar unhas birras nun bareto
mentras berro algunha canción de currantes.
(Merle Haggard, Workingman Blues)