+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Archive for 2006/12


O Long Play da semana (V): New Morning

Este é outro dos meus descubrimentos serodios. Non sei nin como chegou a mín. Algún amigo ou coñecido, facendo limpeza na súa casa, atopou a cinta e, coñecendo o meu interese polo animal, ordenou darma no canto de tirala. Eu nunca mercaría unha cinta de casete, só me serviron para a copia pirata. Se Dylan […]

Míreme, Sr. Dylan, estou aquí!

Supoñamos que somos un escritor xaponés de nome Junichi Saga, por exemplo, e que temos publicado no 1989 unha novela titulada “Confesións dun Yakuza”, imaxinade, as memorias dun deses asasinos que acostuman matar ás súas vítimas afogándoas nunha bañeira con gurgullas. Temos sorte e a nosa novela tradúcese ao inglés e é publicada dous anos despois en Estados […]