+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Archive for 2006/12


Feliz 2007

Pois nada. Que o pasedes ben e que este ano sexa o mellor de todos. Non sei se alguén verá este pos antes de que acabe o ano. Todos andamos ocupados neste intre, bebendo, comendo, saudando, bicando, lendo as mensaxes dos móbiles (todos as mesmas mensaxes), falando de atentados, aforcamentos, do monte Gaiás, do rápido […]

Chega o inverno (os días cada vez serán máis longos)

Chegou o inverno e con el cumprimos dous meses neste mundo virtual cada vez menos virtual. Nestes últimos trinta días baixamos un pouco o ritmo de traballo (é esto un traballo?), mais non por iso renunciamos a seguir explorando o planeta Dylan. Seguimos a facer novos amigos: aí quedan para sempre Pettersen e a súa gravadora, […]

Diario de Jerry Fielding (fragmentos dylanianos)

Durango, 19 novembro 1972 […] Mañá chega ese tal Dylan. […] Será outro borracho máis. Sam [Peckinpah] deixouse convencer por Kris [Kristofferson] e o outro [James Coburn] langrán. As miñas recomendacións levounas o vento […], Roger [inintelexible] non lles pareceu mellor opción. Veremos. [..] Durango, 20 novembro 1972 […] e nunca na vida o vira […]

O Long Play da semana (VI): Under the Red Sky

Pode que non sexa o mellor disco do mundo, pero foi para mín coma un oasis no deserto ou unha illa no medio do mar océano. Cheguei eu a el despois de atravesar un gran baleiro dylaniano e, despois de beber e descansar, volvinme tirar ao camiño polo que inda sigo hoxe a camiñar, buscando, […]

Ballad of a thin man, exactamente. 2º intento.

Hoxe volvo insistir (a ver se desta vai) sobre unha das miñas cancións preferidas, a quinta do disco que da o alcume ó mestre Chiquito. Correde onde os vosos discos, sacade do reproductor iso que esteades escoitando (agás se é Dylan, se é El podedes esperar a que remate para ler este post, obviamente), e poñede […]

O Grande Ano de Dylan

O Grande Ano foi un concepto de enorme importancia na Antigüidade, relacionado coa maxia, a taumaturxia, a divinidade. Tratábase da busca de ritmos temporais universais en toda a extensión da expresión, dunha periodicidade trascendente, a escalas moi superiores á humana, como correspondía ao seu carácter relixioso. O Grande Ano por excelencia é o exipcio, recollido pola astroloxía (que […]

Dicionario (V)

Dylanedro s m xeom Sólido de infinitas caras, arestas e vértices. || regular. xeom. Aquel no que todas as caras son iguais ás de Dylan.  Dylanocracia s f 1. Pol Goberno no que só exercen o poder os dylanitas máis dylanistas 2. Conxunto reducido e privilexiado de animais considerados por riba dos outros da mesma […]

Dylan portada a portada: o sorriso dun rabino pintor

Nashville Skyline (abril do 1969) Menudo careto. Estaba contento o tipo. Agora si, se lle poñemos duas trenzas nas patillas pasa por seminarista  (ou como lle chamen aos aprendices de rabino) xudeu sen ningún esforzo. Vémolo coa cabeza cuberta e cunha guitarra de pao na man como no seu primeiro disco, pero ignoro se trataba […]

Dylan, Bryars, Waits, un vello borracho e cinco milagres

Gavin Bryars é un músico excepcional cunha sólida formación clásica, un compositor inclinado á música minimalista, pouco coñecido polo público en xeral pero cunha enorme reputación entre outros músicos. Entrou sen sabelo no noso pequeno mundo o día que aceptou escribir a banda sonora dun documental sobre seres vagabundos, perdidos e esquecidos, sobre desherdados en xeral. Ca fin de usalos na súa composición, decidiu […]