Chega o inverno (os días cada vez serán máis longos)
Chegou o inverno e con el cumprimos dous meses neste mundo virtual cada vez menos virtual. Nestes últimos trinta días baixamos un pouco o ritmo de traballo (é esto un traballo?), mais non por iso renunciamos a seguir explorando o planeta Dylan.
Seguimos a facer novos amigos: aí quedan para sempre Pettersen e a súa gravadora, Junichi Saga e os seus yakuza (o peor chiste de Chiquito?) dispostos a ser plaxiados, xunto co gran Tom Waits, o enorme Bryars, e o milagroso borracho do Village. Non esquezamos ao máis recente, Jerry Fielding, ese músico culto, maduro e sofisticado que se veu envolto no caos de Durango e ao que non lle gustou Knockin’ on Heaven’s Door.
Tamén tivemos sorte e apareceron por aquí, inda que sen continuidade, John Birch e Crispin, novos membros desta irmandade en Dylan aos que recibimos cos brazos abertos. (Por certo, Alex, se estás por aquí, importaríache contar que tal foi o concerto?)
Outra nova é que saímos en Vieiros, o que pareceu facer moita ilusión aos irmáns, sobre todo a Rubén. Alédome por el. Eu, ignorante, carezo de ferramentas para medir a importancia e repercusión da aparición de +dylan nese medio, inda que benvido sexa todo aquelo que permita a outros irmáns achegarse a esta casa.
Non vou esquecer que Rubén (por fin!) se decidiu a colocar un pos na súa blo, que xa estaba ben. En realidade foron dous pos, a cal mellor, sobre unha das nosas cancións favoritas (¿?), pos onde se poden apreciar as habilidades do noso BD cos pinceis. Os comentarios sempre acertados de Mario e os non menos acertados e terriblemente afiados de Colodroni elevan constantemente un nivel que ameaza sobrepasar o dique (“there’s a crash on the levee, mama, water’s gonna overflow”). Que non pare a maquina.
Tamén durante este mes os habitantes de +dylan pasamos uns días en Alicia crece, a blo de Rubén, a onde nos fumos cargados co noso dylanismo, unhas vacacións que el considerou como pioneiras na rede. Haberá que repetir.
Houbo ameaza de cisma. Houbo? Non podería ser. Nesta dylanocracia non hai relixión nin igrexa e, polo tanto, non pode haber cisma ningún. O noso amor por BD e polas súas cancións é tan libre que até poderíamos chegar odialos sen que pasara absolutamente nada. Se el mantén esa relación de amor-odio cos seus fans, non poderemos nós facelo con el? No dylanedro hai caras para todos (incluso as ocultas), non hai razóns para pelexar. Vale que Dylan sexa deus e Chiquito o seu profeta, pero deus morreu hai tempo e os profetas sempre estiveron como putas cabras. E non digamos os seus seguidores.
Mañá máis (se queredes).