+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Dicionario (V)

Dylanedro s m xeom Sólido de infinitas caras, arestas e vértices. || regular. xeom. Aquel no que todas as caras son iguais ás de Dylan. 

Dylanocracia s f 1. Pol Goberno no que só exercen o poder os dylanitas máis dylanistas 2. Conxunto reducido e privilexiado de animais considerados por riba dos outros da mesma especie pola súa calidade de dylanitas. 3 Exercicio do poder político por unha clase privilexiada definida polo seu fino oído musical.  

Dylanografía s f 1 Relato no que se narra a vida e os milagres de BD. 2 xeog Ciencia que estuda e describe a superficie do planeta Dylan polos seus accidentes físicos, clímax, “solos” e vexetacións, así como pola relación do home co medio. 3 med  Técnica que consiste en someter a BD ou a súa obra á acción dos raios dylanianos, co fin de obter unha imaxe súa sobre calquera medio sensible a esta radiación. 4 p ext Imaxe ou texto obtidos con dita técnica.

Dylanolatría s f 1 relix Culto e adoración que se lle rende a Dylan. 2 Amor vehemente, fervoroso, lóxico e normal por Dylan. v dylanismo

4 Responses to Dicionario (V) »»


Comments

  1. Comment by dylangz | 2006/12/14 at 01:47:36

    Dylanólatras! Iso vai para o subtítulo do bló defequeiting hostias!!


Leave a Reply »»