Dylan portada a portada: o sorriso dun rabino pintor
Nashville Skyline (abril do 1969) Menudo careto. Estaba contento o tipo
. Agora si, se lle poñemos duas trenzas nas patillas pasa por seminarista (ou como lle chamen aos aprendices de rabino) xudeu sen ningún esforzo. Vémolo coa cabeza cuberta e cunha guitarra de pao na man como no seu primeiro disco, pero ignoro se trataba de transmitir unha idea de volta ás orixes ou se foi casualidade. En todo caso o home máis feliz non podía estar.
Self Portrait (xuño do 1970) Esta é a primeira vez que Dylan non aparece nunha das súas portadas. Ben, non aparece en foto, porque o monigote que aparece aí é el. Segundo dixo nunha ocasión, pintouno en casa dun amigo en cuestión de 5 minutos, tardou outros 5 en decidir poñelo na portada do seu novo disco e outros tantos en bautizalo á conta do debuxo. Total, 15 minutos para a cara dun dos seus
discos máis discutidos. Hai quen di que non tardou máis en facer o de dentro. Eu non me meto.
A mín gústame o cadro. É moi colorido, entre naïf e picassiano (se é que non é o mesmo), entre ninputaidea e talentoso. Inda o vin hoxe nunha tenda de discos e en grande semella máis bonito. Agora ben, quédome cos autorretratos que fai a miña cativa pequena. Calquera día adobio un destes rollos cun cadro dela e veredes.