+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Archive for 2006/11


O Long Play da semana (III): Bringing It All Back Home

En tres días de xaneiro do 1965 Dylan gravou 15 ou 16 cancións das que 2 meses máis tarde serían publicadas 10 no LP Bringing it All Back Home (BIABH). A estas sumaríase Mr. Tambourine Man, gravada nas sesións de  Another Side of BD, publicado en agosto do ano anterior. O sistema de gravación de […]

Dicionario (III)

Dylanismo 1 s. m. relix. Crenza dalgunhas xentes nunha forza vital impersoal omnipresente na natureza pero concentrada nalgunhas persoas, que dota de poder ao que a posúe, facendoo á vez intérprete dun repertorio sagrado. 2 s. m. Enerxía activa e propulsora. 3 s. m. Actividade, dilixencia e presteza grandes. 4 s. m. Característica do que ten […]

Unha cuestión de repertorio

No último concerto de outubro, BD tocou unha canción que inda non soara nas outras 14 actuacións do mes: Blind Willie McTell. Malia esa incorporación, a cifra final de cancións no repertorio de outubro téñoa que baixar a 57, o que fai que o número que din nun pos anterior, 59, resulte algo esaxerado. Contei […]

Unha foto de David

Tedes que perdoar, pero onte esqueceume poñer a foto que xa tiña controlada. David Zimmerman é o da esquerda, con gafas de sol e Sarah é a muller que está entre el e Dylan. Segundo a fonte, esta imaxe campestre correspondería ao día da graduación da filla, ben de BD, ben de David, non sei. Pola pinta […]

Un tal David

Lin hoxe sobre o irmán historiador do premio Nobel de literatura deste ano e chamoume a atención sobre todo esa reflexión final cando lle preguntan polo seu irmán e di iso de “cada un ten o seu camiño. Eu non teño veleidades literarias”. Lembra moitísimo ao razoamento do noso amigo Knezovich sobre a súa vida […]

Long Play da semana (II): Greatest Hits, vol. II

Setembro de 1971. Remata o verán e estamos no apartamento do guitarrista e cantante Happy Traum en Manhattan, preto dos estudos da CBS. Soa o teléfono. “Hi, man. This is Bob Dylan“. A precisión é innecesaria. Happy é amigo de BD desde os tempos do Village e coñece a súa voz á perfección. Pola conversa intuímos que Dylan está […]