+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Archive for 2006/11


A gravadora de Pettersen

–          “Ola, son Pettersen.” –          “Ah! Pasa, pasa. Estabamos agardándote.” Entrei no apartamento. Era pequecho e estaba cheo de cousas espalladas por acó e por acolá, con posters e outras cousas colgadas da parede e unha radio na repisa da fiestra. Debaixo desta estaba a cama, onde sentaban dúas mozas, unha loira e outra morena. […]

Dylan portada a portada: un abrigo moi usado

Blonde on Blonde (maio do 1966) Quinta portada de Dylan en dous anos. Repítese o modelo dos anteriores: BD aparece serio, con faciana de poucos amigos, rostro pétreo, reconcentrado e lixeiramente ameazante (qué carallo miras, rapaz?). Mítico abrigo de pel de dobre abotoadura, mítica bufanda de chevió, mítico pelo revolto. Este será o aspecto dos progres […]

O po na agulla

Se fas que lle tiras un pao a un can para que o vaia recoller, é moi posible que este bote a correr tras do pao imaxinario sen dubidalo nin un intre. Mais non debemos pensar que o can é imbecil. Semella que hai unha parte do seu cerebro capaz de anticipar o que vai pasar […]

Dicionario (IV)

Dylanoteca s. f. 1 Local onde se ten un número considerable de discos de Dylan ordenados para a súa escoita. 2 Conxunto destes discos. 3 Obra na que se dá conta dos discos editados por Dylan. v. rato de dylanoteca* Dylanoterapia s. f. med. 1 Terapia ocupacional na que o paciente é inducido a escoitar […]

Lasciate ogni speranza, voi ch’entrate

Hoxe hai un mes que naceu +Dylan, ou mellor, que puxemos o primeiro pos. E van 23 co que ledes, o que non está nada mal (o que está mal e que o diga eu) se temos en conta que debemos ter o blo máis limitadiño da blogosfera e do blogomillo xuntos, o que quera […]

Dylan portada a portada: negro, vermello e azul

Bringing It All Back Home (marzo de 1965) Velaiquí o que Albert Grossman fitaba pola mira da porta. E que facía o bo de Grossman espiando? É que a muller de vermello co pitillo postcoital (ou precoital?) é a súa propiamente dita. Semella que Dylan non lle presta moita atención, semella entretido entre discos de Robert […]

O Long Play da semana (IV): Street Legal

Se digo que as nove cancións de Street Legal foron gravadas por BD nun estudo móbil, en só catro días, en tomas completas con todos os músicos tocando á vez e que o produtor nin tan sequera estivo presente mentres se rexistraban algunhas das cancións, xa non necesitarei dicir que estamos diante dun dos meus discos preferidos. […]

Good bye, Hibbing

Mañá marcho á universidade e deixo Hibbing. E teño ganas. Non é que me fora mal neste pobo, mais xa nada me queda por facer nel. Vivo aquí desde que a miña familia se mudou despois da Gran Guerra, sendo eu inda un neno. Recorrín todas as súas rúas, merquei en  todas as súas tendas, emborracheime nos seus bares, […]

Dylan portada a portada: as cousas cambian

The Times They are a-changin’ (febreiro do 1964) Os tempos cambiaban, sí señor. Non hai máis que ver esta portada e comparala coa de dous anos antes para decatarmonos diso. Xa non hai gorra, xa non hai canadiense, xa non hai guitarra. Xa non  hai un pipiolo con cara de pipiolo. Na súa vez temos […]

Dylan, portada a portada: os tupperwares da Sra. Zimmerman

Bob Dylan (marzo do 1962) Así se presenta Dylan en sociedade. Abrigo con “borreguillo”, unha canadiense, que dicíamos hai anos, gorra de feltro de mariñeiro colocada alí arriba e guitarra acústica ao fronte, agarrada coas dúas mans, todo compromiso. Vemos que o xesto dos beizos sacados para fóra resaltando un lixeiro prognatismo non é unha […]