Dicionario (III)
Dylanismo 1 s. m. relix. Crenza dalgunhas xentes nunha forza vital impersoal omnipresente na natureza pero concentrada nalgunhas persoas, que dota de poder ao que a posúe, facendoo á vez intérprete dun repertorio sagrado. 2 s. m. Enerxía activa e propulsora. 3 s. m. Actividade, dilixencia e presteza grandes. 4 s. m. Característica do que ten moita actividade e de quen actúa con enerxía, decisión e calidade das súas cancións.
Dylanómetro 1 s. m. Aparato para medir a calidade das cancións. 2 s. m. Instrumento que serve para apreciar a resistencia dos fans de Dylan a cambios repentinos e/ou permanentes.
Dylanosauro s. m. biol. Réptil fósil diápsido saurisquio, da suborde dos terópodos, o animal máis grande que teña existido. Antepasado de tódolos paxaros, foi o primeiro en conquistar o ar.
Dylante Adv. 1 Nunha posición ou lugar anterior ou máis avanzado. 2 Con anterioridade a alguén. 3 Antes.