+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Unha foto de David

David Zimmerman

Tedes que perdoar, pero onte esqueceume poñer a foto que xa tiña controlada. David Zimmerman é o da esquerda, con gafas de sol e Sarah é a muller que está entre el e Dylan. Segundo a fonte, esta imaxe campestre correspondería ao día da graduación da filla, ben de BD, ben de David, non sei. Pola pinta de Dylan, é unha foto de mediados dos ‘70, quizais despois da publicación de Blood on the Tracks. É unha imaxe moi Rolling Thunder Revieu. Sexa a filla dun ou doutro, a verdade é que non semella que Dylan e o seu irmán se levaran moi mal, se é que se tomaron as molestias de ir á graduación da sobriña. Os comentarios aos que me refería onte que deixaban ver unha relación non moi boa entre eles deberon ser feitos por xente que non comprende a complexidade das relacións fraternais.

En fin, que perdón polo erro. Prometo que volverá pasar. É a miña natureza.

Boas noites. 

Leave a Reply »»