+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Archive for 2006/10


Os números (tamén) cantan

Remata o mes de outubro, un mes no que BD fixo 15 concertos en 13 cidades distintas (vai facer, inda actúa hoxe no Kohl Center de Madison, Wisconsin, ás sete e media, que serán as dúas e media en Canido, por exemplo) . En realidade os 15 concertos deunos só desde o día 11, xa que levaba […]

Dicionario (II)

Dylancolía 1 s. f. Estado de ánimo dunha persoa que se caracteriza por unha tristura fonda, queda e incesante, nacida de causas físicas ou morais, que fai que non atope quen a padece gusto nin diversión noutra cousa que non sexa unha canción de Dylan. 2 s f pat. Estado depresivo propio da psicose maníaco-depresiva que se […]

O dinosauro

Non puido ser. Estaba hoxe á hora convida no punto exacto, pero despois de case unha hora de espera decidín voltar para casa, supoñendo que Bob e Mike saíran antes de que eu chegara. Tamén que présas! Mais no camiño de volta cruceime co camión de Mike que se dirixía cara 56th and Wabasha e entón caín na conta de que esta […]

Se queredes chegar a Kansas para cando a neve comeze caer…

  …iste é o lugar, efectivamente: 56th and Wabasha. Iste é o único punto do planeta onde se cruzan dúas rúas con eses nomes (Wabasha Av. é a vertical), así que se BD falaba dun lugar real, ten que ser aí mesmo, en Chicago, Illinois. O lugar no é nada bonito e ademais din que é […]

Concerto en Denver do 24

O amigo Lono, de Denver, que non puido asistir ao concerto de Dylan (mecachis) mándame un comentario que saíu na prensa local. Non é moi favorable a BD, pero xa sabemos que hai moitos dylans e nós querémolos a todos. Sinala Ricardo Baca, o autor do comentario, a utilidade de facer unha lista de pros […]

Eu tamén son Mike Knezovich

Hoxe BD toca ás sete e media da tarde (dúas e media da mañá en Cambados, por exemplo) en Lincoln, Nebraska, no Pershing Center, e coido que inda non conseguín quen me envíe un comentario do concerto (a este ritmo de concertos…). Porén, vouvos contar unha historia desa cidade que penso que vai ser mellor que […]

O Long Play da semana (I): Shot of Love

Aviso: é un pos longo. Disculpade, pero mañá e pasado quizais non poda traballar no blo, así que se non queredes lelo dunha sentada, podedes lelo de dúas. Que vos aproveite.  Aquela portada… ¡miña madriña! Aquelo metía medo: unha explosión de cores nun disparo como de cómic, ao Linchestein, un disparo de amor (tamén dose de amor). Dylan […]

Concerto do domingo no Cox Arena de San Diego

Aquí vai un resumo dos testemuños de dous californianos que asistiron ao último concerto de Dylan. O amigo Samuels cóntanos que o cantante comezou algo despistado (non o creo: arrancou con Maggie´s Farm, é imposible despistarse) pero que levantou o voo cunha versión moi apegada ao orixinal de Spirit on the Water (a primeira vez que a […]

Dicionario (I)

Dylan (do deus mitolóxico Dylan) 1 n. p. m. Planeta coñecido desde moi antigo. É o meirande de cantos compoñen o sistema solar e superior en brillo a calquera outro. A súa enorme masa e densidade provoca que calquera corpo que pase preto del fique para sempre na súa órbita. A que el traza ao […]

Cancións ocultas

Para tentar coñecer ao BD que todos levamos dentro, irei propoñendo unha serie de “xogos” que agardo sigades con entusiasmo. Comezarei por un que sempre me gustou. Dylan ten grandes discos, como xa dixen, coñecidos e loubados por todos, mais tamén ten algún outro que por distintas razóns non acadou o visto bo da crítica e do […]