+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Dicionario (II)

Dylancolía 1 s. f. Estado de ánimo dunha persoa que se caracteriza por unha tristura fonda, queda e incesante, nacida de causas físicas ou morais, que fai que non atope quen a padece gusto nin diversión noutra cousa que non sexa unha canción de Dylan. 2 s f pat. Estado depresivo propio da psicose maníaco-depresiva que se caracteriza polo abatemento e o pesimismo cando o individuo non pode escoitar a Dylan. 

Dylancólico -ca 1 adx. Relativo ou pertencente a dylancolía. 2 adx. Que ten dylancolía, que é propenso a ela. 

Dylanomalía  1 s. f. Falla de conformidade con respecto a unha regra xeral. 2 biol. Irregularidade, particularmente musical, que presenta un individuo ou grupo de individuos respecto aos outros da mesma especie.

Dylantropía f. pat. Tipo de delirio no que o enfermo imaxínase estar transformado en Dylan e imita os ouveos deste animal (con perdón).

Dylántropo -pa 1 adx. Relativo ou pertencente á dylantropía. 2 s. Persoa que sofre dylantropía.

Leave a Reply »»

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image