+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

O dinosauro

Non puido ser. Estaba hoxe á hora convida no punto exacto, pero despois de case unha hora de espera decidín voltar para casa, supoñendo que Bob e Mike saíran antes de que eu chegara. Tamén que présas! Mais no camiño de volta cruceime co camión de Mike que se dirixía cara 56th and Wabasha e entón caín na conta de que esta noite, ás tres, retrasaran a hora. Berreille tan forte como puiden, pero non me oíu. Corrín coma un tolo cara ao cruce, mais cando cheguei xa se foran, esta vez de verdad. Que lle vou facer: son un home capaz de chegar cedo e tarde á mesma cita. Ademais, como son deses poucos que non teñen móbil (Dylan tampouco), pois non houbo nada que facer. Por certo, que BD non tocou en Chicago Meet Me in the Morning (inda que sí Highway61, está empeñado en facerme famoso).

Eu, que tiña pensado contarvos toda a viaxe, de camiño para casa por segunda vez na mesma mañá, pesaroso, ía pensando en que vos ía contar agora que xa non ía para Kansas. Ocorréronseme algunhas cousas ás que lles estou dando voltas, mais non sei se valerán para un pos. Unha delas ten por punto de partida unha idea: sería algo así como que Dylan estivese durmindo e cando espertara, o dinosauro inda estivera alí. Traballo noutra variante, a saber, que fora o dinosauro o que espertara, e que Dylan xa estivera alí. Non sei. Sinto que é unha idea con poucas posibilidades de desenvolvemento, como se se poidera condensar toda nunha sóa frase.

Penso que é mellor esta outra para a que xa teño a frase inicial: “Anos despois ante o pelotón de fusilamento, Aureliano Bobdylan habería de lembrar aquela remota tarde na que o seu pai o levou a un concerto.” Esta sí que semella ter máis desenvolvemento, incluso podería contar a historia dos últimos cen anos da familia Bobdylan, eso sí, en varios pos. Vouno pensar.

Boas noites. 

Leave a Reply »»

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image