Se queredes chegar a Kansas para cando a neve comeze caer…
…iste é o lugar, efectivamente: 56th and Wabasha.
Iste é o único punto do planeta onde se cruzan dúas rúas con eses nomes (Wabasha Av. é a vertical), así que se BD falaba dun lugar real, ten que ser aí mesmo, en Chicago, Illinois. O lugar no é nada bonito e ademais din que é o sitio perfecto para unha balasera. Ninguén dixo que poesía e realidade tiveran que ir da man. Dylan toca hoxe alí, no Sears Center de Chicago as dúas e media, hora da Capela, por exemplo, a uns poucos centos de metros deste lugar. Quen sabe, igual se enrolla e toca Meet Me in the Morning (estaremos atentos).
O sábado volve tocar no mesmo sitio, así que até o domingo pola mañá non marcharemos para Kansas. Quedamos alí co Knezovich, que nos vai levar no seu camión. Teño ganas de ir: din que Kansas nevando é un espectáculo. Se queredes ir estade alí cedo: o camión é grande, pero igual non hai sito para todos e, en canto esté cheo, saímos.
Vémonos o domingo pola mañá, 56th and Wabasha.