+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Se queredes chegar a Kansas para cando a neve comeze caer…

 

…iste é o lugar, efectivamente: 56th and Wabasha.

Iste é o único punto do planeta onde se cruzan dúas rúas con eses nomes (Wabasha Av. é a vertical), así que se BD falaba dun lugar real, ten que ser aí mesmo, en Chicago, Illinois. O lugar no é nada bonito e ademais din que é o sitio perfecto para unha balasera. Ninguén dixo que poesía e realidade tiveran que ir da man. Dylan toca hoxe alí, no Sears Center de Chicago as dúas e media, hora da Capela, por exemplo, a uns poucos centos de metros deste lugar. Quen sabe, igual se enrolla e toca Meet Me in the Morning (estaremos atentos).

O sábado volve tocar no mesmo sitio, así que até o domingo pola mañá non marcharemos para Kansas. Quedamos alí co Knezovich, que nos vai levar no seu camión. Teño ganas de ir: din que Kansas nevando é un espectáculo. Se queredes ir estade alí cedo: o camión é grande, pero igual non hai sito para todos e, en canto esté cheo, saímos.

Vémonos o domingo pola mañá, 56th and Wabasha.

One Response to Se queredes chegar a Kansas para cando a neve comeze caer… »»


Comments

  1. Comentario by dylangz | 2006/10/30 at 18:38:40

    Colodroni: eu permitirialle cambiar o nick, pero concordo en todo o demais.


Leave a Reply »»

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image