+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Cancións ocultas

Para tentar coñecer ao BD que todos levamos dentro, irei propoñendo unha serie de “xogos” que agardo sigades con entusiasmo. Comezarei por un que sempre me gustou. Dylan ten grandes discos, como xa dixen, coñecidos e loubados por todos, mais tamén ten algún outro que por distintas razóns non acadou o visto bo da crítica e do público: Self Portrait, Shot of Love ou Knocked Out Loaded, por poñer algúns exemplos. Son discos que algúns non dubidan en calificar directamente como ”malos” e que, en todo caso, sen chegar a ter que ser un experto dylaniano, si que hai que pasar de simple “seguidor” para coñecelos e telos escoitado máis dunha vez.

    Pois ben: eu estou convencido (e téñoo comprobado) de que incluso no peor e máis esquecido disco de BD agáchase unha perla, unha canción que por un motivo ou outro é capaz de atraparnos. É posible que nunca o teñas comentado con ninguén por que pensas que non é máis que un capricho teu, un pecado de dylanita irredutible, algo que só tí podes apreciar, unha rareza de friki. Gustaríame que compartiras con todos ese anaco da túa persoa e que nos axudaras a recuperar esa vella ou nova canción, a descubrir esa xoia que nós pasou desapercibida no seu momento e que só tí soupeches ver. O meu exemplo: Under the Red Sky (Under the Red Sky, 1990). Unha peza sinxela, absolutamente dylaniana, que comeza cun adorno saído do Hammond de Al Kooper e que ten unha letra docemente naïf, da que destacaría dous versos do bridge (e cito de memoria): “Someday, little girl, everything is gonna be new / Someday, little girl, you’ll have a diammond as big as your shoe.”

Leave a Reply »»

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image